Casa da Xuventude

O Concello de Vigo, a través do seu programa Verán Xove 2017, pon en marcha os campamentos urbanos e actividades infantís e xuvenís estivais, co obxecto de ofertar un tempo de lecer educativo dentro da propia cidade. Ademais, preténdese a participación xuvenil, así como facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das mulleres e dos homes.

Tres grandes bloques de actividades compoñen a programación Verán Xove 2017:

Bloque I.- Campamentos urbanos (nados/as entre os anos 2000 e 2013).

Bloque II.- Espazos de Tempo Libre (nados/as entre os anos 2005 e 2013).

Bloque III.- Actividades xuvenís.

As actividades de Verán Xove 2017 van dirixidas á poboación infantil e xuvenil da cidade de Vigo, sendo requirimento imprescindible estar empadroado/a no Concello de Vigo.


estrela de mar

BLOQUE I
Campamentos Urbanos

Actividades de ocio educativo desenvoltas na cidade para rapaces e rapazas de Vigo nados entre os anos 2000 e 2013.

Ata 31 de maio Procedemento de rexistro de solicitantes e solicitude de actividades.
Do 3 ao 7 de xuño 1ª Adxudicación e formalización de inscricións.
Do 12 ao 13 de xuño 2ª Adxudicación e formalización de inscricións.
Día 19 (sen praza) e a partir do 20 (segunda actividade) 3ª Adxudicación e formalización de inscricións.
Ata 31 de maio
Procedemento de rexistro de solicitantes e solicitude de actividades.
Do 3 do 7 de xuño
1ª Adxudicación e formalización de inscricións.
Do 12 ao 13 de xuño
2ª Adxudicación e formalización de inscricións.
Día 19 (sen praza) e a partir do 20 (segunda actividade)
3ª Adxudicación e formalización de inscricións.

Amplie información sobre procedemento de inscrición e actividades seleccionando facendo clic no seguinte enlace

estrela de mar  estrela de mar

BLOQUE II
Espazos de tempo libre

Espazos onde empregar o tempo de lecer realizando obradoiros, xogando, creando... e, sobre todo, divertíndose con amigos e amigas. Están dirixidos ao público infantil (ver idades para cada un dos espazos).

Inscricións: no espazo elixido e ata cubrir prazas.
* Ver enderezos e horarios de cada un dos espazos premendo nas imaxes.

Casa da Xuventude
Na Casa da Xuventude
Castro
No Pavillón de Coia
Calvario
No Calvario
Coruxo
En Coruxo
Vigozoo
En Vigozoo
estrela de mar estrela de mar estrela de mar

BLOQUE III
Actividades Xuvenís

Actividades desenvolvidas e dirixidas por e para o público xuvenil (13 a 30 anos).

Haberá algunhas actividades que precisen inscrición previa por motivos de organización. Esta información, xunto coa programación específica de cada espazo, estará dispoñible na web da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo coa antelación suficiente.

Inscricións: presencialmente no espazo elexido e ata cubrir prazas.
* Ver enderezos e horarios premendo as imaxes.