Actividades desenvolvidas e dirixidas por e para o público xuvenil (13 a 30 anos).
Haberá algunhas actividades que precisen inscrición previa por motivos de organización. Esta información, xunto coa programación específica de cada espazo, estará dispoñible na web da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo coa antelación suficiente.
CASA DA XUVENTUDE
Horario: Todo o ano: luns a venres, de 9:00 a 14:00, e sábados, de 10:30 a 13:30. Luns a sábado tarde, de 16:30 a 20:30.
Xullo: luns a venres, 9:00 a 14:00 e 16:30 a 20:30, e sábado, de 10:30 a 13:30. Agosto: luns a venres, 9:00 a 14:00.
Lugar: López Mora, 31.
Idades: De 13 a 30 anos.
Actividades: internet, wifi, obradoiros, información xuvenil, dinamización xuvenil (futbolín, dardos, Play Station 4, xogos de mesa...), sala de exposicións...
Prezo: Gratuíto.
PUNTO XOVE
Horario: Todo o ano: luns a domingo, de 17:00 a 21:30. Xullo: luns a venres, de 9:00 a 14:00.
Lugar: López de Neira, 27.
Idades: De 13 a 30 anos.
Actividades: internet, wifi, obradoiros, futbolín, tenis de mesa, Play Station 3, dardos, xogos de mesa.
Prezo: Gratuíto.
VIGOSÓNICO
Horario: Martes a domingo de 16:00 a 22:00h. agás no mes de agosto.
Lugar: Estrada do Portal s/n. Parque Tecnolóxico de Valadares.
Idades: De 13 a 35 anos.
Actividades: Acceso a internet, wifi, cursos, xogos, obradoiros, futbolín, tenis de mesa, actividades deportivas, ensaios musicais, concertos...
Prezo: Gratuíto.
OUTRAS ACTIVIDADES EN VIGOSÓNICO
Final concurso videoclips: Venres 16 de xuño ás 18:00.
Obradoiro Luthier: 24 e 25 de xuño
VimanGo otaku & gamer: Sábado 1 de xullo ás 17 horas.