O Concello de Vigo, a través do seu programa Verán Xove 2017, pon en marcha os campamentos urbanos e actividades infantís e xuvenís estivais, co obxecto de ofertar un tempo de lecer educativo dentro da propia cidade. Ademais, preténdese a participación xuvenil, así como facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das mulleres e dos homes.
Tres grandes bloques de actividades compoñen a programación Verán Xove 2017:
Bloque I.- Campamentos urbanos (nados/as entre os anos 2000 e 2013).
Bloque II.- Espazos de Tempo Libre (nados/as entre os anos 2005 e 2013).
Bloque III.- Actividades xuvenís.
As actividades de Verán Xove 2017 van dirixidas á poboación infantil e xuvenil da cidade de Vigo, sendo requirimento imprescindible estar empadroado/a no Concello de Vigo.
Actividades de ocio educativo desenvoltas na cidade para rapaces e rapazas de Vigo nados entre os anos 2000 e 2013.
Ata 31 de maio | Procedemento de rexistro de solicitantes e solicitude de actividades. |
Do 3 ao 7 de xuño | 1ª Adxudicación e formalización de inscricións. |
Do 12 ao 13 de xuño | 2ª Adxudicación e formalización de inscricións. |
Día 19 (sen praza) e a partir do 20 (segunda actividade) | 3ª Adxudicación e formalización de inscricións. |
Amplie información sobre procedemento de inscrición e actividades seleccionando facendo clic no seguinte enlace
Espazos onde empregar o tempo de lecer realizando obradoiros, xogando, creando... e, sobre todo, divertíndose con amigos e amigas. Están dirixidos ao público infantil (ver idades para cada un dos espazos).
Inscricións: no espazo elixido e ata cubrir prazas.
* Ver enderezos e horarios de cada un dos espazos premendo nas imaxes.
Actividades desenvolvidas e dirixidas por e para o público xuvenil (13 a 30 anos).
Haberá algunhas actividades que precisen inscrición previa por motivos de organización. Esta información, xunto coa programación específica de cada espazo, estará dispoñible na web da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo coa antelación suficiente.
Inscricións: presencialmente no espazo elexido e ata cubrir prazas.
* Ver enderezos e horarios premendo as imaxes.